O noso
ADESTRADOR
Coñece a traxectoria profesional de André, el adestrador e fundador de Enforza.

ANDRÉ
FANDIÑO
André Fandiño é un deportista adestrador cunha carreira destacada no mundo das artes marciais e o acondicionamento físico. Dende unha idade temprana, mostrou un gran interés polas disciplinas orientais, especialmente wushu, unha forma de arte marcial chinesa na na que se convertiu nun auténtico referente. Ao longo dos anos, André gañou numerosos títulos, entre os que destacan 10 oros en campionatos nacionais de artes marciais chinesas. A síúa adicación e disciplina non só lle permitiron acadar éxitos na competición, senón tamén a desenvolver unha filosofía de vida centrada na constancia, o equilibrio e a mellora continua.
Ademais da súa faceta competitiva, André ten cultivado un amplo coñecemento teórico e práctico en defensa persoal, combinando técnicas tradicionais con estratexias modernas de preparación física.
Foi invitado a impartir cursos e seminarios en diversas cidades, compartindo o seu enfoque integral de adestramento que abarca tanto o corpo coma a mente.

O desexo de ofrecer un enfoque persoalizado e a súa visión dun espazo onde as persoas poidan adestrar nun ambiente positivo e enfocado na superación persoal, levárono a tomar a decisión de abrir o seu propio negocio.
Así naceu Enforza, un centro de adestramento que reflicte a esencia de André coma adestrador: un lugar onde se combina a técnica, a disciplina e a paixón polo deporte.
En Enforza, André creou un ambiente onde cada cliente recibe un programa adaptado ás súas necesidades, combinando os seus coñecementos en preparación física e benestar integral.
